Demandar terras
Aterra permíteche buscar terras para incorporarte á actividade agraria ou gandeira ou para incrementar a base territorial do teu proxecto. Tamén podes atopar proxectos dispoñibles para aluguer ou venda. Pódese consultar toda a información dispoñible no visor e crear a túa propia demanda.
- Fai clic en “Ir ao visor” e en “Iniciar sesión”. Crea unha conta se aínda non o fixeches.
- Debuxa un polígono que abranga a zona onde estás interesada/o en atopar terras.
- Indica a superficie aproximada en hectáreas que estás a buscar, a que queres destinala e cal sería o tamaño mínimo de parcela en ha que precisas.
- Déixanos algún dato de contacto para que poidamos axudarche.
Finca Antela
A Deputación de Ourense e o Grupo de Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia acordaron a xestión por parte do GDR das parcelas da "Finca Antela", no concello de Sandiás, a través da iniciativa Aterra e o seu equipo técnico.
O obxecto do acordo entre as dúas entidades é o arrendamento das parcelas a explotacións agrogandeiras.
Se estas interesado, cubre este pequeno formulario e envianos ao correo electrónico (info@aterra.gal) o resto de documentación que se detalla nas bases. Se tes algunha dúbida, ponte en contacto con nós.
Bases e anexos:
- Bases arrendamento
- ANEXO I: FORMULARIO DE SOLICITUDE
- ANEXO II: PLAN DE CULTIVO
- ANEXO III: PLANO DOS LOTES
- ANEXO IV: DECLARACIÓN RESPONSABLE CO COMPROMISO DE DARSE DE ALTA
- ANEXO V: DECLARACIÓN RESPONSABLE CO COMPROMISO DE CULTIVAR EN ECOLÓXICO
- ANEXO VI: ACEPTACIÓN DA ADXUDICACIÓN DOS LOTES E DAS CONDICIÓNS DAS BASES